jueves, 5 de marzo de 2009

DVD do Phoenix

A sonda leva consigo un mini DVD chamado "The Phoenix DVD" deseñado pola Sociedade Planetaria. O contido multimedia denomínase Visións de Marte e compóñeno, entre outros, unha colección de literatura sobre Marte, incluíndo a obra de H. G. Wells «A guerra dos mundos» xunto coa histórica transmisión de radio de Orson Welles, os mapas realizados por Percival Lowell sobre as canles de Marte, «Crónicas Marcianas» de Ray Bradbury e «Marte verde» de Kim Stanley Robinson. Tamén contén mensaxes dirixidas aos futuros exploradores e colonizadores de Marte de parte de Carl Sagan e Arthur C. Clarke. A finais de 2006, a 'Sociedade Planetaria' reuniu un cuarto de millón de nomes de persoas que o solicitaron no seu sitio web e incluírlo no disco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario